Wednesday 01 de May de 2024

Boqueixón celebrará este domingo 13 de maio a Andaina das Letras


A actividade, de carácter gratuíto, está dirixida a familias e conta con propostas para maiores e cativada

O Concello de Boqueixón acollerá este domingo 13 de maio a Andaina das Letras. Trátase dunha actividade promovida pola Deputación da Coruña que aunará deporte e literatura. Está dirixida a nenos e nenas e ás súas familias e é de carácter gratuíto.

O percorrido dará comezo ás 18.00 horas na área recreativa de Sucira. Neste punto dará comezo o safari literario na Ruta dos Pescadores, cunha extensión de 4 quilómetros. Ao remate da andaina, en Ponte Ledesma ofrecerase un gran xogo en familia baixo o título Contos vivos que fan poesía.

Esta actividade inclúese dentro da programación que o Concello de Boqueixón porá en marcha co gaio da celebración do Día das Letras Galegas.

Para máis información, deberase contactar co Departamento de Cultura a través do teléfono 981 513 115 ou no e-mail cultura@boqueixon.com.